Abrir menu principal
Alguén vos diss', amigu', e sei-o eu
por Joan Airas


Alguén vos diss', amigu', e sei-o eu,
por mi mizcrar convosco, que falei
con outr'homen, mais nunca o cuidei,
e, meu amigo, direi-vo-lo eu:
     de mentira non me poss'eu guardar,
     mais guardar-m'-ei de vos fazer pesar.

Alguén sabe que mi queredes ben
e pesa-lh'end'e non pod'al fazer
senón que mi quer mentira põer;
e, meu amigu'e meu lum'e meu ben:
     de mentira non me poss'eu guardar,
     mais guardar-m'-ei de vos fazer pesar.

E ben sei de quen tan gran sabor ha
de mentir e non teme Deus nen al,
que mi assaca tal mentira e al;
e, meu amigo, vedes quant'i ha:
     de mentira non me poss'eu guardar,
     mais guardar-m'-ei de vos fazer pesar.

De fazer mentira sei-m'eu guardar,
mais non de quen me mal quer assacar.