Abrir menu principal
Amigo, sei que ha mui gran sazón
por Joán Baveca


Amigo, sei que ha mui gran sazón
que trobastes sempre d'amor por mí
e ora vejo que vos travan i,
mais nunca Deus haja parte comigo,
se vos eu des aquí non dou razón
     per que façades cantigas d'amigo.

E, pois vos eles teen por melhor
de vos enfengir de quen vos non fez
ben, pois naceu, nunca nen ũa vez
e por én, des aquí vos jur'e digo
que eu vos quero dar razón d'amor
     per que façades cantigas d'amigo.

E sabe Deus que desto nulha ren
vos non cuidava eu ora fazer,
mais, pois vos cuidan o trobar tolher,
ora veerei o poder que han sigo,
ca de tal guisa vos farei eu ben
     per que façades cantigas d'amigo.