Abrir menu principal

Disseron-m'hoj', ai amiga, que non

Disseron-m'hoj', ai amiga, que non
por Pai Gomes Charinho


Disseron-m'hoj', ai amiga, que non
é meu amig'almirante do mar,
e meu coraçón ja pode folgar
e dormir ja; e por esta razón,
     o que do mar meu amigo sacou
     saque-o Deus de coitas, ca jogou

mui ben a mí, ca ja non andarei
triste por vento que veja fazer,
nen por torment'ar non hei de perder
o sono, amiga; mais, se foi el-Rei
     o que do mar meu amigo sacou,
     saque-o Deus de coitas, ca jogou

mui ben a mí, ca ja cada que vir
algún home de fronteira chegar,
non hei medo que me diga pesar;
mais, porque m'el fez ben, sen lho pedir,
     o que do mar meu amigo sacou
     saque-o Deus de coitas, ca jogou.