Irmãa, o meu amigo, que mi quer bem de coraçom

por Vasco Gil

Irmãa, o meu amigo, que mi quer bem de coraçom
e que é coitado por mi, se Nostro Senhor vos perdom,
       treide-lo veer comigo, irmãa, o meu amigo.
  
Irmãa, o meu amigo, que sei que me quer maior bem
ca si nem ca seu coraçom, fazede por mi ũa rem:
       treide-lo veer comigo, irmãa, o meu amigo.
  
Irmãa, o meu amigo, que mi quer melhor ca os seus
olhos e que morre por mi, que vos amostr'o vosso Deus,