Abrir menu principal
María Negra vi eu, en outro día
por Pero Garcia Burgalês


María Negra vi eu, en outro día,
ir rabialçada per ũa carreira;
e preguntei-a, como ía senlheira,
e por aqueste nome que havía.
E disse-m'ela'ntón: «Hei nom'assí
por aqueste sinal con que nací,
que trago negro come ũa caldeira».

Dixi-lh'eu, u me dela partía:
«Esse sinal é suso na moleira?»
E diss-m'ela daquesta maneira
com'eu a vós direi, e foi sa vía:
«Aqueste sinal, se Deus mi perdón,
é negro ben come uũ carvón
e cabeludo a derredor da caldeira».

A grandes vozes lhi dix'eu, u se ía:
«Que vos direi a Don Fernán de Meira
desse sinal, ou é de pena veira
ou como é feit', e a Joán d'Ambía?»
Tornou-s'ela e dizía-m'outra vez:
«Dizede-lhis ca chus negro é ca pez
e ten sedas de que farán peneira».

E dixi-lh'eu entón: «Dona María,
como vós sodes molher arteira,
assí soubestes dizer, com'arteira,
esse sinal que vos non parecía».
E disse-m'ela: «Per este sinal,
nom'hei de Negr', e muito outro mal
hei per i e mal preço de peideira».