Abrir menu principal

Moir'eu e praz-me, se Deus me perdom!

Moir'eu e praz-me, se Deus me perdom!
por Pero Garcia Burgalês


Moir'eu e praz-me, se Deus me perdom!
E de mia mort'hei eu mui gram sabor
por nom sofrer mui gram coita d'amor
que sofri sempre no meu coraçom:
ca log'aquesta coita perderei!
       E amigos, direi-vos outra rem:
       pesa-me muito que nom veerei,
       ante que moira, meu lum'e meu bem!
  
Soía-m'eu mia morte recear
10 e havia gram sabor de viver;
e ora moir'e praz-me de morrer
e nom querria jamais viv'andar;
e do que moiro gram prazer end'hei.
       E amigos, direi-vos outra rem:
       pesa-me muito que nom veerei,
       ante que moira, meu lum'e meu bem!
  
De me prazer com mia morte razom
faç'eu mui grande, par Nostro Senhor,
ca sei de pram que pois eu morto for,
log'esta coita perderei entom;
e quem ora temo nom temerei.
       E amigos, direi-vos outra rem:
       pesa-me muito que nom veerei,
       ante que moira, meu lum'e meu bem!
  
E quero-vos ora desenganar
qual est o bem que eu queria haver:
é mia senhor, do mui bom parecer,
e que mi faz mia morte desejar;
e que nunca mais veer poderei.
       E amigos, direi-vos outra rem:
       pesa-me muito que nom veerei,
       ante que moira, meu lum'e meu bem!