Abrir menu principal

Muitos dizen con gran coita d'amor

Muitos dizen con gran coita d'amor
por Pai Gomes Charinho


Muitos dizen con gran coita d'amor
que querrían morrer, e que assí
perderían coitas; mais eu de mí
quero dizer verdad'a mia senhor:
     quería-me lh-eu mui gran ben querer,
     mais non quería por ela morrer,

como outros morreron; e, que prol ten?
Ca des que morrer non a veerei
nen bõo serviço nunca lhi farei.
Por end', a senhor que eu quero ben
     quería-melh'eu mui gran ben querer,
     mais non quería por ela morrer,

com'outros morreron no mundo ja,
que depois nunca poderon servir
as por que morreron, nen lhis pedir
ren. Por end', esta que m'estas coitas dá
     quería-me-lh'eu mui gran ben querer,
     mais non quería por ela morrer,

ca nunca lhi tan ben posso fazer
serviço morto, como se viver.