Abrir menu principal
Non perdi eu, meu amigo
por Juião Bolseiro


Non perdi eu, meu amigo,
des que me de vós parti,
do meu coraçon gram coita
nem gram pesar, mais perdi
quanto tempo, meu amigo,
vós non vivestes comigo.
Nen perderon os olhos meus
chorar nunca, nen eu mal,
des que vos vós d' aqui fostes,
mais vedes que perdi al,
quanto tempo, meu amigo,
vós non vivestes comigo.