Abrir menu principal
Ora me venh'eu, senhor, espedir
por Pai Gomes Charinho


Ora me venh'eu, senhor, espedir
de vós, a que muit'ha que aguardei
e ora me quero de vós partir
sen galardón de camanho temp'hei
que vos serví, e quero-m'ir viver
en atal terra, u nunca prazer
veja, nen cante, nen possa riir.

Ca sõo certo, des que non vos vir,
que outro prazer nunca veerei
e mal que haja non hei de sentir
se non o voss', e assí andarei
triste cuidando no vosso parecer
e chorando muitas vezes dizer:
«Senhor, ja nunca vos posso servir».

E do meu corpo, que será, senhor
quando el d'alá o vosso desejar?
E que fará quen vos ha tal amor
e vos non vir nen vos poder falar?
Ca vejo vós e por vós morr'aquí,
pois, que farei ou que será de min
quand'en terra u vós fordes non for?

Ora con graça de vós, a melhor
dona do mundo, ca muit'hei d'andar
e vós ficades de min pecador,
ca vos serví muit'e galardoar
non mi o quisestes, e vou-m'eu d'aquí,
d'u eu tanto lazerei e serví,
buscar u viva pouqu'e sen sabor.

E mia senhor, tod'est'eu merecí
a Deus, mais vós, de como vos serví
mui sen vergonha irei per u for,
ora con graça de vós, mia senhor.