Abrir menu principal

Que muitos que mi andam preguntando

Que muitos [os] que mi andam preguntando
por Pero Garcia Burgalês


Que muitos [os] que mi andam preguntando
qual est a dona que quero gram bem:
se é Joana, se Sancha, se quem,
se Maria. Mais eu tam coitad'ando,
cuidando em ũa destas três que vi
polo meu mal, que sol nom lhes torn'i,
nem lhes falo, senom de quand'em quando.
  
E vou-me dontr'as gentes alongando,
por tal que me nom preguntem por en,
per bõa fé, ca nom por outra rem;
e vam-m'elas, a meu pesar, chamando
e preguntando-m', a pesar de mi,
qual est a dona que me faz assi
por si andar em gram coita 'm que ando.
  
E faço-m'eu delas maravilhado:
pois m'i nom ham conselho de põer,
por que morrem tam muito por saber
a dona por que eu ando coitado?
Nom lhes a digo por esta razom:
ca por dizer-lha, si Deus me perdom,
nom m'i porram conselho, mal pecado!
  
Por en tod'home devia, acordado,
que sem houvesse, daquest'a seer:
de nunca ir tal pregunta fazer;
ca per pouc'en seria castigado
- castigar-s'en, pelo seu coraçom:
qual pera si nom quisesse que nom
dissess'a outre nunca per seu grado!
  
E elas vam-me gram pesar dizer,
no que lhes nunca prol nom há d'haver,
porque destorvam mim de meu cuidado.
  
Mailo que vai tal pregunta fazer,
Deu'lo leixe molher gram bem querer
e que ar seja d'outrem preguntado!