Abrir menu principal
Se eu a Deus algum mal mereci
por Pero Garcia Burgalês


Se eu a Deus algum mal mereci,
gram vingança soub'El de mim prender:
ca me fez mui bõa dona veer
e mui fremos'e ar fez-me des i
que lhe quis sempre doutra rem melhor;
e pois mi aquesto fez Nostro Senhor,
ar fez ela morrer e leixou-mi
  
viver no mundo; e mal dia naci
por eu assi eno mundo viver
- u Deus sobre mim há tam gram poder
que m'eno mundo faz viver assi
sem ela; ca bem sõo sabedor
d'haver gram coita mentre vivo for,
pois nom vir ela que por meu mal vi!
  
E por meu mal, amigos, nom morri
u eu primeir'oí dela dizer
que morrera; ca podera perder
vedes qual coita per morrer log'i:
a coita de quantas Deus fez maior,
em que vivo polo seu amor,
pero que nunca bem dela prendi.