Abrir menu principal
Ũa dona que eu quero gran ben
por Pai Gomes Charinho


Ũa dona que eu quero gran ben
por mal de mí, par Deus, que non por al,
pero que sempre mi fez e faz mal
e fará, direi-vo-lo que m'avén:
     mar nen terra, nen prazer nen pesar,
     nen ben nen mal, non ma poden quitar

de coraçón, e que será de min?
Morto son, se cedo non morrer.
Ela nunca ben mi ha de fazer,
mais sempre mal, e pero ést'é assí,
     mar nen terra, nen prazer nen pesar,
     nen ben nen mal, non ma poden quitar

do coraçón. Ora mi vai peior
ca mi ven dela, por vos non mentir,
mal se a vej'e mal se a non vir,
que de coitas máis cuid'eu a maior,
     mar nen terra, nen prazer nen pesar,
     nen ben nen mal, non ma poden quitar.