Abrir menu principal

A San Servand', u ora van todas orar

A San Servand', u ora van todas orar
por Joán Servando


A San Servand', u ora van todas orar,
madre velida, por Deus vin-vo-lo rogar
     que me leixedes alá ir,
     a San Servand', e, se o meu amigo vir,
     leda serei, por non mentir.

Pois mi dizen do meu amigo ca i ven,
madre velida e senhor, faredes ben
     que me leixedes alá ir,
     a San Servand', e, se o meu amigo vir,
     leda serei, por non mentir.

Pois todas i van de grado oraçón fazer,
madre velida, por Deus venho-vo-lo dizer,
     que me leixedes alá ir,
     a San Servand', e, se o meu amigo vir,
     leda serei, por non mentir.