Abrir menu principal
A lealdade do Bezerra pela Beira muito anda
por Airas Perez Vuitoron


A lealdade do Bezerra pela Beira muito anda:
ben é que a nostra vendamos, pois que no-lo Papa manda.

Non ten Sueiro Bezerra que tort'é en vender Monsanto,
ca diz que nunca Deus diss'a San Pedro máis de tanto:
«Quen tu legares en terra erit ligatum in celo»;
por én diz ca non é torto de vender hom'o castelo.

E por én diz que non fez torto o que vendeu Marialva,
ca lhe diss'o arcebispo un vesso per que se salva:
«Estote fortes in bello et pugnate cum serpente»;
por én diz que non é torto quen faz traiçón e mente.

O que vendeu Leirea muito ten que fez dereito,
ca fez mandado do Papa e confirmou-lh'o Esleito:
«Super istud caput meum et super ista mea capa,
dade o castelo ao Conde, pois vo-lo manda o Papa».

O que vendeu Faría por remiír seus pecados,
se máis tevesse, máis daría; e disseron dous prelados:
«Tu autem, Domine, dimitte aquel que se cofonde;
ben esmolou en sa vida quen deu Santarén ao Conde».

Ofereceu Martín Díaz aa cruz, que os cofonde,
Covilhãa, e Pero Díaz Sortelha; e diss'o Conde:
«Centuplum accipiatis de mão do Padre Santo».
Diz Fernan Diaz: «Ben m'éste, porque oferí Monsanto».

Ofereceu Trancoso ao Conde Roí Bezerro;
falou entón Don Soeiro por sacar seu filho d'erro:
«Non potest filia mea sine patre suo facere quidquam:
salvos son os traedores, pois ben hisopados fican!».

O que ofereceu Sintra fez come bon cavaleiro,
e disso-lh'i o legado log'un vesso do Salteiro:
«Sagitte potentis acute -e foi i ben acordado-:
melhor é de seer traedor ca morrer escomungado».

E quando o Conde ao castelo chegou de Celorico,
Pachequ'entón o cuitelo tirou; e disse-lh'un bispo:
«Mitte gladium in vagina, con el non nos empeescas».
Diz Pacheco: «Alhur, Conde, peede u vos digan: Crescas!».

Mal disse Don Airas Soga ũa velha noutro día;
disse-lhi Pero Soárez un vesso per clerizía:
«Non vetula bonbatricon scandit confusio ficum;
non foi Soeiro Bezerra alcaide de Celorico».

Salvos son os traedores quantos os castelos deron;
mostraron-lhi en escrito que foi ben quanto fezeron,
super ignem eternum et ad unitatis opem:
salvo é quen trae castelo, a preito que o hisopen!