Abrir menu principal
A máis fremosa de quantas vejo
Anônimo, possivelmente Trovador de Santarém


A máis fremosa de quantas vejo
en Santarén, e que máis desejo,
e en que sempre cuidando sejo,
non cha direi, mais direi-ch', amigo:
     ai Sentirigo, ai Sentirigo,
     al é Alfanx'e al Seserigo!

Ela e outra, amigo, vi-as,
se Deus me valha, non ha dous días.
Non cha direi eu, ca o dirías
e perder-t'-ías por én comigo:
     ai Sentirigo, ai Sentirigo,
     al é Alfanx'e al Seserigo!

Cuidand'en ela ja hei perdudo
o sén, amigo, e ando mudo;
e non sei home tan entendudo
que m'hoj'entenda o por que digo
     ai Sentirigo, ai Sentirigo,
     al é Alfanx'e al Seserigo!