Abrir menu principal
A meu amigo, que eu sempr'amei
por Joán Garcia


A meu amigo, que eu sempr'amei,
des que o vi, mui máis ca min nen al
foi outra dona veer por meu mal,
mais eu, sandía, quando m'acordei,
     non soub'eu al en que me del vengar,
     senón chorar quanto m'eu quis chorar.

Mai-lo amei ca min nen outra ren,
des que o vi, e foi m'ora fazer
tan gran pesar que houver'a morrer,
mais eu, sandía, que lhe fiz por én?
     Non soub'eu al en que me del vengar,
     senón chorar quanto m'eu quis chorar.

Sab'ora Deus que no meu coraçón
nunca ren tiv'eu eno seu logar
e foi-mi ora fazer tan gran pesar,
mais eu, sandía, que lhe fiz entón?
     Non soub'eu al en que me del vengar,
     senón chorar quanto m'eu quis chorar.