Abrir menu principal

A ren do mundo, que melhor quería

A ren do mundo, que melhor quería
por Paio Soares de Taveirós


A ren do mundo, que melhor quería,
nunca m'én ben quis dar Santa María;
mais quant'end'eu no coraçón temía
          hei! hei! hei!
     Senhor, senhor, agora vi
     de vós quant'eu sempre temí!

A ren do mundo, que eu máis amava
e máis servía nen máis desejava,
Nostro Senhor, quant'end'eu receava
          hei! hei! hei!
     Senhor, senhor, agora vi
     de vós quant'eu sempre temí!

E que farei eu, cativ'e cuitado?
Que eu assí fiquei desamparado
de vós, por que cuita grand'e coidado
          hei! hei! hei!
     Senhor, senhor, agora vi
     de vós quant'eu sempre temí!