Abrir menu principal
A voss'amig', amiga, que prol ten
por Estevam da Guarda


-A voss'amig', amiga, que prol ten
servir-vos sempre mui de coraçón,
sen ben que haja de vós, se mal non?
-E com', amiga? non ten el por ben
     entender de min que lhi consent'eu
     de me servir e se chamar por meu?

-Que prol ten el ou que talán lhe dá
de vos servir e amar máis que al,
sen ben que haja de vós, senón mal?
-E non ten el, amiga, que ben ha
     entender de min que lhi consent'eu
     de me servir e se chamar por meu?

-A Deus, amiga, que nos ceos sé,
pero sei ben que me ten en poder,
non o servirei, senón por ben fazer.
-E com', amiga? e ten el que pouqu'é
     entender de min que lhi consent'eu
     de me servir e se chamar por meu?