Abrir menu principal
Abadessa, Nostro Senhor
por Gonçalo Eanes do Vinhal


Abadessa, Nostro Senhor
vos gradesca, se lhi prouguer,
porque vos nembrastes de mí,
a sazón que m'era mester:
u cheguei a vosso logar,
que tan ben mandastes pensar
i do vosso comendador!

Ca morto fora, mia senhor,
de gran lazeira, sei de pran;
mais nembrastes-vos ben de min,
e todos me preguntarán
se vos saberei eu servir
quan ben o soubestes guarnir
de quant'el havía sabor.

Hajades por én galardón
de Deus, senhor, se a el praz,
porque vos nembrastes de min,
u m'era mui mester assaz;
o comendador i chegou,
e, se el ben non albergou,
non foi por vosso coraçón.

Deus vos dé por én galardón
por mí, que eu non poderei,
porque vos nembrastes de min,
quand'a vosso logar cheguei;
ca ja d'amor e de prazer
non podestes vós máis fazer
ao comendador, entón.

Cento dobr'hajades por én
por mí, que lhi non mingou ren
de quant'havía na maisón.