Agora me part'eu mui sen meu grado

Agora me part'eu mui sen meu grado
por Pêro da Ponte


Agora me part'eu mui sen meu grado
de quanto ben hoj'eu no mund'havía,
c'assí quer Deus e mao meu pecado,
                ai eu!
De máis, se mi non val Santa María,
d'haver coita muito tenh'eu guisado;
mais rog'a Deus que máis d'hoj'este día
non viva eu, se m'el non dá conselho.

Non viva eu se m'el i non dá conselho,
nen viverei, nen é cousa guisada,
ca, pois non vir meu lum'e meu espelho,
               ai eu!
ja per mia vida non daría nada,
mia senhor; e digo-vos en concelho
que, se eu morr'assí desta vegada,
que a vó-lo demande meu linhage.

Que a vo-lo demande meu linhage,
senhor fremosa, ca vós me matades,
pois voss'amor en tal coita me trage,
               ai eu!
e sol non quer Deus que mi o vós creades,
e non mi val i preito nen menage.
E ides-vos e min desemparades;
desempare-vos Deus, a que o eu digo.

Desempare-vos Deus, a que o eu digo,
ca mal per fic'hoj'eu desemparado.
De máis non hei parente nen amigo,
               ai eu!
que m'aconselh'. E desaconselhado
fiqu'eu sen vós, e non ar fica migo,
senhor, senón gran coita e cuidado.
Ai Deus!, valed'a home que d'amor morre!