Abrir menu principal
Ai, Justiça, mal fazedes, que non
por Joan Airas


Ai, Justiça, mal fazedes, que non
queredes ora dereito filhar
de Mor da Cana, porque foi matar
Joán Airas, ca fez mui sen razón;
mais, se dereito queredes fazer,
ela so el devedes a meter,
ca o manda o Livro de León;

Ca lhi quería gran ben, e des i
nunca lhi chamava senon "senhor";
e, quando lh'el quería mui milhor,
foi-o ela logo matar alí;
mais, Justiça, pois tan gran torto fez,
metede-a ja so ele ũa vez,
ca o manda o dereito assí.

E, quando máis Joán Airas cuidou
que houvesse de Mor da Cana ben,
foi-o ela logo matar por én,
tanto que el en seu poder entrou;
mais, Justiça, pois que assí é ja,
metan-na so el, e padecerá
a que o a mui gran torto matou.

E quen nos ambos vir jazer, dirá:
«Beeito seja aquel que o julgou!».