Abrir menu principal
Ai, filha, o que vos ben quería
por Nuno Peres Sandeu


-Ai, filha, o que vos ben quería
aquí o jurou noutro día,
     e pero non xe vos vẽo veer.
-Ai, madre, de vós se temía,
     que me soedes por el mal trager.

-O que por vós coitad'andava
ben aquí na vila estava,
     e pero non xe vos vẽo veer.
-Ai, madre, de vós se catava,
     que me soedes por el mal trager.

O que por vós era coitado
aquí foi hoj'o perjurado,
     e pero non xe vos vẽo veer.
-Madre, por vós non foi ousado,
     que me soedes por el mal trager.