Abrir menu principal

Ai Deus, que grave coita de sofrer!

Ai Deus, que grave coita de sofrer!
por Pero Garcia Burgalês


Ai Deus, que grave coita de sofrer!
Desejar mort'e haver a viver
com'hoj'eu viv', e mui sen meu prazer.
Con esta coita que me ven tanta,
desejo mort'e quería morrer,
     porque se foi a Raínha franca!

A esta coita nunca eu par vi:
desejo morte, pero vivo assí,
per bõa fe, a gran pesar de min;
e direi-vos que me máis quebranta:
desejo morte que sempre temí,
     porque se foi a Raínha franca!

Ai coitado, con quanto mal me ven,
porque desejo mia morte, por én
perdí o dormir e perdí o sén,
e choro sempre quand'outren canta,
e máis desejo morte doutra ren,
     porque se foi a Raínha franca!