Abrir menu principal
Ai amiga, hoje falou comigo
por Joán Baveca


-Ai amiga, hoje falou comigo
o voss'amigu'e vi-o tan coitado
por vós que nunca vi tant'home nado,
ca morrerá, se lhi vós non valedes.
-Amiga, quand'eu vir que é guisado,
valer-lh'-ei, mais non vos maravilhedes
     d'andar por mí coitado meu amigo.

-Per boa fe, amiga, ben vos digo
que, u estava migu'en vós falando,
esmoreceu, e ben, assí andando,
morrerá, se vos del doo non filha.
-Si, filhará, ai amiga, ja-quando,
mais non tenhades vós por maravilha
     d'andar por mí coitado meu amigo.

-Amiga, tal coita d'amor ha sigo
que ja nunca dorme noite nen día,
coidand'en vós e, par Santa María,
sen vosso ben, non o guarirá nada.
-Guarrrei-o eu, amiga, toda vía,
mais non vos façades maravilhada
     d'andar por mí coitado meu amigo.