Abrir menu principal
Ai amiga, sempr'havedes sabor
por Pero Mafaldo


Ai amiga, sempr'havedes sabor
de me rogardes por meu amigo
que lhi faça ben, e ben vos digo
que me pesa; mais ja por voss'amor
     farei-lh'eu ben, mais de pran non farei
     quant'el quiser, pero ben lhi farei.

Vós me rogastes mui de coraçón
que lhe fezesse ben algũa vez,
ca me sería mesura e bon prez;
e eu, por vosso rogo e por al non,
     farei-lh'eu ben, mais de pran non farei
     quant'el quiser, pero ben lhi farei.

Rogastes-mi, amiga, per bõa fe,
que lhi fezesse toda vía ben
por vós, e, pois vós queredes, convén
que o faça; mais, pois que assí é,
     farei-lh'eu ben, mais de pran non farei
     quant'el quiser, pero ben lhi farei.