Abrir menu principal
Ai eu! que mal dia naci
por Pero Garcia Burgalês


Ai eu! que mal dia naci,
com tanto mal quanto me vem,
querend'ũa dona gram bem
que me fez mal des que a vi
e faz e nom s'en quer quitar;
e ora faz-me desejar
mia mort'e alongar de si!
  
E, mal pecado!, viv'assi
coitad'e sol nom acho quem
se doia de mim! E per rem
mia senhor nom se dol de mim!
E al me faz: se lhe pesar
faz outr', a mim se vem queixar
por en, que culpa nom hei i.
  
E por gram coita tenh'atal
eu, que sol nom lh'ouso dizer
o gram mal que me faz haver;
e desejo sempre mais d'al
de lho dizer, mais hei pavor
de pesar muit'a mia senhor,
e calo-m'ante com meu mal.
  
[M]ais rog'a Deus que sab'o mal
que me mia senhor faz sofrer,
que El me fa[ç']ensandecer,
pois que m'outro bem todo fal,
ou morrer, se sandeu nom for,
ca esto me será melhor,
pois que m'ela nem Deus nom val.