Abrir menu principal

Ai mia filha, de vós saber quer'eu

Ai mia filha, de vós saber quer'eu
por Joan Airas


-Ai mia filha, de vós saber quer'eu
por que fezestes quanto vos mandou
voss'amigo, que vos non ar falou?
-Par Deus, mia madre, direi-vo-lo eu:
     cuidava eu melhor haver per i,
     e semelha-mi que non ést'assí.

-Por que fezestes, se Deus vos dé ben,
filha, quanto vos el vẽo rogar,
ca, des entón, non vos ar quis falar?
-Direi-vo-lo eu, se Deus mi dé ben:
     cuidava eu melhor haver per i,
     e semelha-mi que non ést'assí.

-Por que fezestes, se Deus vos perdón,
filha, quanto vos el vẽo dizer,
ca des entón non vos ar quis veer?
-Direi-vo-lo eu, se Deus mi perdón:
     cuidava eu melhor haver per i,
     e semelha-mi que non ést'assí.

Bon día naceu, como eu oí,
quen se doutro castiga e non de si.