Abrir menu principal
Amig'houv'eu a que quería ben
por Joan Perez d'Avoin


Amig'houv'eu a que quería ben,
tal sazón foi, mais ja migo non hei
a que ben queira, nen o haverei,
enquanto viva ja per ũa ren:
     ca mi mentiu o que mi soía
     dizer verdad'e nunca mentía.

E mui pouc'ha que lh'eu oí jurar
que non quería ben outra molher
senón mí, e sei eu que lho quer,
e por esto non poss'en ren fiar,
     ca mi mentiu o que mi soía
     dizer verdad'e nunca mentía.

Máis me fiava per el ca per mí,
nen ca per ren que no mundo viss'al,
e mentiu-m'ora tan sen guisa mal
que non fiarei en ren des aquí,
     ca mi mentiu o que mi soía
     dizer verdad'e nunca mentía.

E, se outr'houvesse, mentir-m'-ía,
pois mi mentiu o que non mentía.