Abrir menu principal
Amiga, grand'engan'houv'a prender
por Pero de Armea


Amiga, grand'engan'houv'a prender
do que mi fez creer, mui gran sazón,
que mi quería ben de coraçón,
tan grande que non podía guarir;
     e tod'aquest'era por encobrir
     outra que quería gran ben entón.

E dizía que perdía o sén
por mí, demais chamava-me senhor
e dizía que morría d'amor
por mí e que non podía guarir;
     e tod'aquest'era por encobrir
     outra que quería gran ben entón.

E, quand'el migo quería falar,
chorava muit'e jurava logu'i
que non sabía conselho de si
por mí e que non podía guarir;
     e tod'aquest'era por encobrir
     outra que quería gran ben entón