Abrir menu principal
Amiga, por Deus vos venh'ora rogar
por Gonçalo Eanes do Vinhal


Amiga, por Deus vos venh'ora rogar
que mi non queirades fazer perdoar
ao meu amigo, que mi fez pesar,
     e non mi o roguedes, ca o non farei,
ata que el venha ante mí chorar;
     porque s'assanhou, non lhi perdoarei.

Por quanto sabedes que mi quer servir
máis que outra ren quero-lho eu gracir,
mais eu non lho quero por én consentir,
     e non mi o roguedes, ca o non farei,
ata que el venha mercee pedir;
     porque s'assanhou, non lhi perdoarei.

Gran pesar lhi farei, non vistes maior,
porque non guardou mí nen o meu amor,
e en filhar sanha houve gran sabor,
     e non mi o roguedes, ca o non farei,
ata que el senç'a ira de senhor;
     porque s'assanhou, non lhi perdoarei.

E porque sei ben que non pode viver
u el non poder os meus olhos veer,
farei-lh'eu que veja qual é meu poder,
     e non mi o roguedes, ca o non farei,
ata que eu veja que ja quer morrer:
     porque s'assanhou, non lhi perdoarei.

Mais, pois que el tod'aquesto fezer, farei
eu por vós quanto a fazer hoer,
mais ante por ren non lhi perdoarei.