Abrir menu principal
Amiga, quero-vos eu ja dizer
por Pero Gomes Barroso


Amiga, quero-vos eu ja dizer
o que mi disse o meu amigo:
que morre quando non é comigo,
cuidando sempre no meu parecer;
mais eu non cuido, se el cuidasse
en mí, que tanto sen mí morasse.

Nunca lhi ja creerei nulha ren,
pois tanto tarda, se Deus mi perdón,
e diz ca morre desto, ca d'al non,
cuidand'en quanto mi Deus fez de ben;
     mais eu non cuido, se el cuidasse
     en mí, que tanto sen mí morasse.

Porque tan muito tarda desta vez,
seu pouqu'e pouco se vai perdendo
comigu', e diz el que jaz morrendo,
cuidand'en quan fremosa me Deus fez;
     mais eu non cuido, se el cuidasse
     en mí, que tanto sen mí morasse.

E non sei ren por que el ficasse
que non veesse, se lh'eu nembrasse.