Abrir menu principal
Amiga, sei eu bem d'unha molher
por Dom Dinis


Amiga, sei eu bem d'unha molher
que se trabalha de vosco buscar
mal a voss'amigo po-lo matar;
mais tod'aquest', amiga, ela quer
porque nunca com el pôde poer
que o podesse por amig'haver.
 
E busca-lhi convosco quanto mal
ela mais pode, aquesto sei eu;
e tod'aquest'ela faz polo seu
e por este preit', e nom por al,
porque nunca com el pôde poer
que o podesse por amig'haver.

Ela trabalha-se a gram sazom
de lhi fazer o vosso desamor
haver e há ende mui gram sabor;
e tod'aquest', amiga, nom é senom
porque nunca com el pôde poer
que o podesse por amig'haver.
 
(E) por esto faz ela seu poder
para fazê-lo convosco perder.