Abrir menu principal
Aquestas coitas que de sofrer hei
por Rodrigo Eanes de Vasconcelos


Aquestas coitas que de sofrer hei,
meu amigo, muitas e graves son;
e vós mui grave, ha i gran sazón,
coitas sofredes; e por én non sei,
     d'eu por vassalo e vós por senhor,
     de nós qual sofre máis coita d'amor.

Coitas sofremos e assí nos avén:
eu por vós, amigo, e vós por mí
(e sabe Deus de nós que ést'assí);
e destas coitas non sei eu muit'én:
     d'eu por vassalo e vós por senhor,
     de nós qual sofre máis coita d'amor.

Guisado teen de nunca perder
coita meus olhos e meu coraçón;
e estas coitas, senhor, minhas son,
e deste feito non poss'entender,
     d'eu por vassalo e vós por senhor,
     de nós qual sofre máis coita d'amor.