Abrir menu principal
Bem entendi, meu amigo
por Dom Dinis


Bem entendi, meu amigo,
que mui gram pesar houvestes
quando falar nom podestes
vós noutro dia comigo,
mais certo seed'amigo
que nom foi o vosso pesar
que s'ao meu podess'iguar.
 
Mui bem soub'eu por verdade
que érades tam coitado
que nom havia recado,
mais amigo acá tornade;
sabede bem por verdade
que nom foi o vosso pesar
que s'ao meu podess'iguar.

Bem soub', amigo, por certo,
que o pesar daquel dia
vosso, que par nom havia,
mais pero foi encoberto,
e por em seede certo
que nom foi o vosso pesar
que s'ao meu podess'iguar.
 
Ca o meu nom se pod'osmar,
nem eu nom pudi negar.