Abrir menu principal
Chegou Paio de maas artes
por Pero Mendiz da Fonseca


Chegou Paio de maas artes
con seu cerome de Chartes;
e non leeu el nas partes
que chegasse ha ũu mes,
e do lũes ao martes
     foi comendador d'Ocrés.

E semelha-me busnardo,
viind'en seu ceramen pardo;
e, u non houvesse reguardo
en nẽ un dos dez e tres,
log'houve mant'e tabardo
     e foi comendador d'Ocrés.

E chegou per u han Graada,
descalço, gran madurgada,
u se non catavan nada
dũu home atán rafez:
cobrou manto con espada
     e foi comendador d'Ocrés.