Abrir menu principal
Com'eu en día de Pascoa quería ben comer
por Afonso X


Com'eu en día de Pascoa quería ben comer,
assí quería bõo son e ligeiro de dizer
     pera meestre Joán.

Assí com'eu quería comer i de bõo salmón,
assí quería ao Avangelho mui pequena paixón
     pera meestre Joán.

Assí como quería comer que me soubesse ben,
assí quería bõo son de seculorum amen
     pera meestre Joán.

Assí com'eu bevería do bõo vinho d'Ouréns,
assí eu quería bõo son de O cunctipotens
     pera meestre Joán.