Abrir menu principal
Como me Deus aguisou que vivesse
por Dom Dinis


Como me Deus aguisou[1] que vivesse
em gram coita, senhor, des que vos vi!
Ca logo m'El guisou que vos oí
falar, desi quis que er conhocesse
o vosso bem a que El nom fez par;
e tod'aquesto m'El foi aguisar
ental que eu nunca coita perdesse.
 
E tod'est'El quis que eu padecesse
por muito mal que me lh'eu mereci,
e de tal guisa se vingou de mi;
e com tod'esto nom quis que morresse,
porque era meu bem de nom durar
em tam gram coita nem tam gram pesar;
mais quis que tod'este mal eu sofresse.
 
Assi nom er quis que m'eu percebesse
de tam gram meu mal, nem o entendi,
ante quis El que por viver assi,
e que gram coita nom mi falecesse,
que vos viss'eu, u m'El fez desejar
des entom morte que mi nom quer dar,
mais que vivendo peior atendesse.

NotasEditar

  1. Agysar, agaisar ou guisar: dispor, preparar, aprontar, etc.