Abrir menu principal

Como vivo coitada, madre, por meu amigo

Como vivo coitada, madre, por meu amigo
por Martin de Ginzo


Como vivo coitada, madre, por meu amigo,
ca m'enviou mandado que se vai no ferido,
     e por el vivo coitada!

Como vivo coitada, madre, por meu amado,
ca m'enviou mandado que se vai no fossado,
     e por el vivo coitada!

Ca m'enviou mandado que se vai no ferido,
eu a Santa Cecilia de coraçón o digo,
     e por el vivo coitada!

Ca m'enviou mandado que se vai no fossado,
eu a Santa Cecilia de coraçón o falo,
     e por el vivo coitada!