Abrir menu principal
Conselhou-mi ũa mia amiga
por Joán Vásquiz de Talaveira


Conselhou-mi ũa mia amiga
que quisess'eu a meu amigo mal
e ar dix'eu, pois m'en partí: «Atal
rogu'eu a Deus que el me maldiga,
     se eu nunca por amiga tever
     a que mi a mí atal conselho der

qual mi a mí deu aquela que os meus
olhos logo os entón fez chorar;
por aquel conselho que mi foi dar
vos jur'eu que nunca mi valha Deus,
     se eu nunca por amiga tever
     a que mi a mí atal conselho der

qual mi a mí deu aquela que poder
non ha de si nen doutra conselhar,
e Deu-la leixe desto mal achar
e a min nunca mi mostre prazer,
     se eu nunca por amiga tever
     a que mi a mí atal conselho der».

A que mi a mí tal conselho der
filhe-x'o pera si, se o quiser.