Abrir menu principal
Cuidei eu de meu coraçón
por Osoiro Anes


Cuidei eu de meu coraçón
que me non podesse forçar
(pois me sacara de prisón)
de ir comego i tornar.
E forçou-m'ora nov'amor
e forçou-me nova senhor;
e cuido ca me quer matar.

E pois me assí desemparar
ũa senhor foi, des entón
eu cuidei ben per ren que non
podesse máis outra cobrar.
Mais forçaron-mi os olhos meus
e o bon parecer dos seus,
e o seu preç', e un cantar

que lh'oí, u a vi estar
en cabelos, dizend'un son.
Mal día non morrí entón,
ante que tal coita levar,
qual levo, que non vi maior
nunca, ond'estou a pavor
de morte, ou de lho mostrar.