Abrir menu principal
D'ir a Santa María do Lagu'hei gran sabor
por Fernán do Lago


D'ir a Santa María do Lagu'hei gran sabor
e pero non irei alá, se ant'i non for,
     irmana, o meu amigo.

D'ir a Santa María do Lagu'é-mi gran ben,
e pero non irei alá, se ant'i non ven,
     irmana, o meu amigo.

Gran sabor havería eno meu coraçón
d'ir a Santa María, se i achass'entón,
     irmana, o meu amigo.

Ja jurei noutro día, quando m'ende partí,
que non foss'a l'ermida, se ante non foss'i,
     irmana, o meu amigo.