Abrir menu principal
De grado quería ora saber
por Afonso X


De grado quería ora saber
destes que tragen saias encordadas,
en que s'apertan mui poucas vegadas:
se o fazen polos ventres mostrar,
porque se devan deles a pagar
sas senhores, que non teen pagadas.

Ai Deus!, se me quisess'alguén dizer
por que tragen estas cintas sirgadas
muit'anchas, come molheres prenhadas:
se cuidan eles per i gaanhar
ben das con que nunca saben falar,
ergo nas terras se son ben lavradas.

Encobrir non vo-lhas vejo fazer,
cõnas pontas dos mantos trastornadas,
en que semelhan os bois das ferradas,
quando as moscas-los veen coitar;
nen se cuidan per i d'enganar
que sejan deles por én namoradas.

Outrossí lhis ar vejo i trager
as mangas mui curtas e esfraldadas,
ben come se adubassen queijadas
ou se quisessen tortas amassar;
ou quiçá o fazen por delivrar
sas bestas, se fossen acovadadas.