Abrir menu principal
De quantos mui coitados som
por Pero Garcia Burgalês


De quantos mui coitados som,
a que Deus coita faz haver,
mim faz mais coitado viver;
e direi-vos per qual razom:
faz-me querer bem tal senhor,
a mais fremosa nem melhor
do mund', e nom mi a faz veer.
  
E dá-me tal coita que nom
sei de mim conselho prender;
e fez-me já pavor perder
de mia mort', há i gram sazom,
ond'ant'havia gram pavor.
Veed'ora se há maior
coita no mundo de sofrer!
  
E nunca me Deus quis guisar,
em quanto cuidado prendi,
u cuidei al, em cuidar i
em como podess'acabar
do que querria nulha rem.
Mais cuid'em quanto mal mi vem!
Cativ'e mal dia naci!
  
E quant'hoj'est a meu cuidar,
bem per sei eu ca nom há i
coita maior da que a mi
faz mia mort'ora desejar.
Pero nom querria por en
morrer, se cuidasse haver bem
da que por meu mal dia vi.