Desej'eu ben haver de mia senhor

Desej'eu ben haver de mia senhor
por Joán Airas


Desej'eu ben haver de mia senhor
mais non desej'haver ben dela tal,
por seer meu ben, que seja seu mal;
e por aquesto, par Nostro Senhor,
non quería que mi fezesse ben
en que perdesse do seu nulha ren,
ca non é meu ben o que seu mal for.

Ante cuid'eu que o que seu mal é
que meu mal ést', e cuido gran razón;
por én desejo no meu coraçón
haver tal ben dela, per bõa fe,
en que non perça ren de seu bon prez
nen lh'ar diga nulh'home que mal fez,
e outro ben Deus dela non mi dé.

E ja eu muitos namorados vi
que non davan nulha ren por haver
sas senhores mal, pois a si prazer
fazían, e por esto dig'assí:
se eu mia senhor amo polo meu
ben e non cato a nulha ren do seu,
non am'eu mia senhor, mais amo mí.

E mal mi venha se atal fui eu,
ca, des que no mund'andei por seu,
amei sa prol muito máis c'a de mí.