Abrir menu principal
Deus, e que cuidei a fazer?
por Martim Padrozelos


Deus, e que cuidei a fazer?
Quando m'eu da terra quitei
u mia senhor vi, baratei
mal porque o fui cometer,
ca sei que non posso guarir
per nulha ren, se a non vir.
Deus, e que cuidei a fazer?

Sandice devía perder,
amigos, por quanto provei
de m'end'alongar e direi-
-vos máis: non no posso sofrer
e cuido sempre tornar i;
e fiz, por quanto m'én parti,
sandic', e devía perder

o corpo, ca non outr'haver
ced'aqueste; en mi o busquei
mui ben, e lazerá-lo-ei,
ca sei ca non posso viver
polo que fiz; e assí é,
que perderei, per bõa fe,
o corpo, ca non outr'haver.

Quen me podería valer
senón Deus, a que rogarei
que me guise d'ir? E irei
ced'u a vi, po-la veer,
ca non sei al tan muit'amar;
e, se m' el esto non guisar,
quen me podería valer?