Abrir menu principal
Deus, meu Senhor, se vos prouguer
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Deus, meu Senhor, se vos prouguer,
Vós me tolhed'este poder
que eu hei de muito viver;
ca, mentr'eu tal poder houver
de viver, nunca perderei
esta coita que hoj'eu hei
d'amor eno meu coraçom.

Ca mi a faz haver tal molher
que nunca mi há rem de fazer
per que eu possa já perder;
que, enquant'eu viver poder,
por esto a nom poderei
perder per rem, mais haverei
dela mais, com mui gram razom.

Ca nom éste coita d'amor
ũa que home filhar vem,
se home leixa sem seu bem,
ou sem mort', ou se faz melhor;
mais semelha muit'outro mal.
E quem há esta coita tal,
macar se morre, nom lhe praz!