Abrir menu principal
Deus que mi hoj'aguisou de vos veer
por Joán Soares Coelho


Deus que mi hoj'aguisou de vos veer
e que é da mia coita sabedor,
el sab'hoje que con mui gran pavor
vos digu'eu est', e ja hei de dizer:
     «Moir'eu, e moiro por alguén.
     E nunca vos máis direi én».

E mentr'eu vi que podía viver
na mui gran coita'n que vivo d'amor,
non vos dizer ren tive por melhor;
mais digu'esto, pois me vejo morrer:
     «Moir'eu, e moiro por alguén.
     E nunca vos máis direi én».

E non ha no mundo filha de rei
a que d'atanto devess'a pesar
nen estrãidade d'hom'a filhar,
por quant'ist'é, que vos ora direi:
     «Moir'eu, e moiro por alguén.
     E nunca vos máis direi én».