Abrir menu principal
Diss´a fremosa en Bonaval assí
por Bernardo de Bonaval


Diss'a fremosa en Bonaval assí:
 Ai Deus, u é meu amigo d'aquí,
     de Bonaval?

Cuid'eu, coitad'é no seu coraçón,
porque non foi migo na sagraçón
     de Bonaval.

Pois eu migo seu mandado non hei,
ja m'eu leda partir non poderei
     de Bonaval.

Pois m'aquí seu mandado non chegou,
muito vin eu máis leda ca me vou
     de Bonaval.