Abrir menu principal

Dizen, senhor, ca dissestes por mí

Dizen, senhor, ca dissestes por mí
por Pai Gomes Charinho


-Dizen, senhor, ca dissestes por mí
que foi ja temp'e que foi ja sazón
que vos prazía d'oírdes entón
en mí falar, e que non é ja'ssi.
-Dizen verdad', amigo, porque non
entendía o que pois entendí.

-E, senhor, dizen, pero vos tal ben
quero, que moiro, que ren non me val,
ca vos dizedes dest'amor atal
que nunca vos ende, senón mal, ven.
-Dizen verdad', amigo, e pois é mal,
non i faledes, ca prol non vos ten.

-Pero cuid'eu, fremosa mia senhor,
des que vos vi, que sempre me guardei
de vos fazer pesar; mais, que farei
ca por vós moir'e non hei d'al sabor?
-Non vos ha prol, amigo, ca ja sei
o por que era todo voss'amor.