Abrir menu principal
Fernand'Escalho vi eu cantar ben
por Pero Garcia Burgalês


Fernand'Escalho vi eu cantar ben,
que poucos outros vi cantar melhor;
e vi-lhe sempre, mentre foi pastor,
mui boa voz, e vi-o cantar ben;
mais ar direi-vos per que o perdeu:
houve sabor de foder, e fodeu,
e perdeu todo o cantar por én.

Non se guardou de foder, e mal sén
fez el que non podería peor;
e han-lh'as gentes por én desamor,
per bõa voz que perdeu con mal sén,
voz de cabeça, que xi lhi tolheu,
ca fodeu tanto que lh'enrouqueceu
a voz, e ora ja non canta ben.

E a Don Fernando conteceu assí:
de mui bõa voz que soía haver
soube-a per avoleza perder,
ca fodeu moç'e non canta ja assí,
ar fodeu pois, mui grand'escudeirón,
e ficou ora, se Deus mi perdón,
con a peior voz que nunca oí.

E ora aínda mui grand'infançón
se quer foder, que nunca foi sazón
que máis quisesse foder, poi-lo eu vi.